ATENCIÓN 24H mail@tradlingua.com

Tradlingua: tradutores e intérpretes

Empresa

A nosa empresa nace en resposta á crecente demanda de servizos de tradución xerada polo auxe das novas tecnoloxías e a globalización dos mercados.

Ao longo destes anos, atendemos a numerosas empresas de diversos países nas súas necesidades de tradución -especialmente no ámbito da localización de software e de videoxogos, despregando para isto tódolos recursos humanos e tecnolóxicos necesarios.

A nosa ampla gama de servizos cubre tódalas necesidades de tradución dos clientes máis esixentes: documentos de carácter técnico, xurídico, científico, médico, informático, traducións xuradas...

O absoluto respecto dos prazos de entrega é unha demostración clara da seriedade da nosa axencia.

Servizos de tradución

Tradución

A rede internacional de tradutores profesionais da nosa empresa permite eliminar calquera barreira lingüística, ofrecer un produto final de alta calidade e satisfacer as necesidades do cliente, a quen brindamos un amplo abano de combinacións lingüísticas.

Traducir non é unicamente trasladar palabras a outro idioma. Só un nativo ben cualificado pode percibir tódolos matices da súa lingua materna e empregar con extraordinario dominio os xiros característicos. Por iso colaboramos exclusivamente con tradutores nativos, que ademais de dominar a súa lingua nai posúen un extenso coñecemento da lingua fonte.

Metodoloxía de traballo

  • Recepción do proxecto
  • Análise detallada e xestión do proxecto
  • Asesoramento dos nosos profesionais

Nesta fase, vostede será unha peza clave. Ninguén mellor que vostede coñece o seu produto, polo que é imprescindible que haxa un fluír constante de información entre a súa empresa e a nosa.

Un termo pode ser traducido de diversas maneiras, todas elas correctas, pero en ocasións, tan só unha destas traducións é a preferida na súa empresa.

· Tradución

Recepción da tradución e revisión da mesma por parte de persoal competente.

· Control de calidade

Entrega do produto final, no prazo e formato acordados.

Servizos de interpretación

· Interpretación

Co transcorrer dos anos constituímos unha rede de intérpretes, rigorosamente seleccionados, que reafirmará en todo momento a credibilidade e prestixio da súa empresa. Os nosos intérpretes guiarano e apoiarano nas súas xestións, contribuíndo así ao éxito das súas reunións de negocios.

· Consecutiva

Os nosos intérpretes acompañarano nas súas visitas, xiras de negocios, almorzos de traballo e reunións en calquera parte do mundo; ou se o prefire, poremos á súa disposición un intérprete no seu país de destino.

· Simultánea

En conferencias, seminarios, convencións e congresos os nosos intérpretes serán o seu máis fiel aliado. As nosas referencias aválannos.

Se o desexa, tamén lle ofreceremos os elementos técnicos necesarios para levar a cabo a interpretación simultánea (cabinas, auriculares...).

· Telefónica

Sen moverse do seu despacho e con tan só unha chamada, estableceremos unha conferencia telefónica a tres, que posibilita a interpretación en varios idiomas.

· Interpretación en tribunais, comisarías e xulgados

Tradución realizada na modalidade de interpretación de enlace, consecutiva e á vista.

Maquetaxe/Enxeñería

Os nosos equipos de tradución e autoedición (maquetaxe) traballan en estreita colaboración para garantir que o material traducido se presente correctamente. Para isto, efectúan unha revisión exhaustiva das probas electrónicas (PDFs) e impresas, entregándoas posteriormente aos nosos clientes para a súa aprobación final antes do envío á imprenta ou da publicación en liña.

O equipo de autoedición está integrado por profesionais experimentados que traballan en 24 idiomas e respectan, en cada caso, o formato desexado polo cliente, deseñando, se é mester, compoñentes que se integrarán posteriormente nos diversos tipos de documentos, co fin de responder ás necesidades solicitadas.

Localización

Conseguimos que os seus produtos entren nos mercados internacionais con éxito, adaptándoos ao contexto lingüístico e cultural do país de destino.

Para isto, contamos cun experimentado equipo de tradutores, deseñadores gráficos, programadores e mesmo expertos en mercadotecnia, escudados pola máis moderna tecnoloxía que permite axilizar o proceso de tradución, e supón unha redución no tempo de entrega e nos custos.

O noso método de traballo, sen dúbida, fai que o servizo de localización de software, videoxogos e películas sexa un dos nosos principais servizos.

Servizos adicionais

  • Tradución literaria
  • Redacción técnica e publicitaria
  • Tradución audiovisual: dobraxe e subtitulación
  • Transcrición de audio e vídeo en tódolos idiomas
  • Gravación de locucións con locutores nativos
  • Dobraxe de películas, documentais
  • Traducións xuradas en tódolos idiomas
  • Corrección de textos
  • Corrección tipográfica
  • Resumos en tódolos idiomas
  • Elaboración e mantemento de bases de datos terminolóxicas

Contacto

Avda. da Coruña, 309 - 27003 · Lugo · España
Tel: +34 982 211 642
Fax: + 34 982 201 381

Emprego >
× Empresa Servizos de tradución Servizos de interpretación Servizos de localización Maquetaxe/enxeñería Servizos adicionais Contacto Emprego